Novas
Contido coa etiqueta .
Garda Civil
Investigan dúas persoas acusadas de ciberestafa de 9.000 euros a un veciño de Teo
12/05/2024 12:33
O equipo de ciberdelincuencia da Garda Civil do Milladoiro resolveu o caso tras identificar dous homes, un en Ferrol e outro en Donostia, que se fixeron pasar por empregados do seu banco
Utilizaron as técnicas denominadas vishing e spoofing para entrar nas contas do prexudicado
Comisan en Huelva 12 toneladas de haxix e seis lanchas de narcos
12/05/2024 11:29
Tres das embarcacións semirríxidas contaban con catro motores cada unha
Os axentes detiveron na operación sete persoas
A presión policial no Campo de Xibraltar está a mover os traficantes cara a costas como a onubense
Un motorista falece nunha saída de vía no municipio de Bande
11/05/2024 20:07
Foi no quilómetro 45 da estrada OU-540 pouco antes das sete da tarde
Detidos dous homes en Rianxo por un presunto delito de tráfico de drogas
11/05/2024 09:55
Están a ser investigados pola suposta venda de estupefacientes nun domicilio en que residían catro persoas adultas e tres menores
A Garda Civil achega o seu traballo aos escolares do Carballiño
10/05/2024 14:16
Distintas unidades da Benemérita compartiron a mañá cos máis pequenos na Praza Maior da vila
Colocan táboas con cravos en lugares onde estaciona o coche radar da Garda Civil
10/05/2024 14:16
A denuncia faina a Asociación Unificada de Gardas Civís que ve esta práctica coma un delito contra a seguridade viaria
A primeiras sospeitas xorden despois de que no último mes se disparara en Lugo o número de picadas nos vehículos que Tráfico ten equipados cos radares móbiles
Os gardas civís de Barbate non poden identificar os atacantes da narcolancha
10/05/2024 13:09
Os axentes sobreviventes dixéronlle á xuíza de Barbate que só lembran unha persoa cunha peza "máis brillante ou rechamante", de cor laranxa ou avermellada
Os avogados dos seis detidos reiteraron no xulgado a petición de posta en liberdade dos detidos que permanecen en prisión provisional
A Garda Civil detivo un home de 42 anos en Covelo por conducir sen carné e bater contra un axente
10/05/2024 10:11
O condutor efectuaba adiantamentos perigosos en zona prohibida, a gran velocidade, entre eles a un camión de grandes dimensións nunha curva con visibilidade reducida
Atribúenlle un delito contra a seguridade viaria e delito de atentado con resultado de lesións graves
09/05/2024 12:48
Tamén quedou afectado polo incendio outro home, de 45 anos, que podería ser un veciño e que foi trasladado a un centro sanitario
A Garda Civil determina que a narcolancha do Cabra non foi a que matou os axentes de Barbate
08/05/2024 19:50
A investigación descarta a relación cos delitos de asasinato e atentado das seis persoas que están en prisión preventiva, entre elas, Kiko, o Cabra
Desmantelan en Galicia un grupo criminal especializado no roubo de cable telefónico
08/05/2024 11:00
A Garda Civil detivo dez persoas acusadas de cometer delitos en Noia, Ames, Rois, Negreira, Boimorto, Arzúa, Frades, Val do Dubra, Trazo e Muros
Un home confesa que agrediu sexualmente durante 50 anos menores da súa contorna
08/05/2024 10:21
O Xulgado de Instrución número 7 de Llíria (Valencia) acordou este martes o seu ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza
A Garda Civil desartella en Cambre un punto de venda de droga a menores
07/05/2024 09:26
A Garda Civil solicitou unha orde de rexistro do domicilio e atopou no interior 138 doses de haxix, catro básculas de precisión e diversos útiles empregados na preparación de doses
Os axentes detiveron dous homes como supostos autores dun delito contra a saúde pública
Comisan 779 quilos de sardiña nun pesqueiro en Ribeira que superaba o límite de capturas
05/05/2024 12:11
Os axentes entregaron o exceso de sardiña a un centro benéfico
Entra roubar nun local de Oleiros e foxe cunha botella de licor como único botín
04/05/2024 21:15
Os propietarios do restaurante cren que o ladrón puido asustarse ao activarse a alarma do local
Desartellada unha rede que vendía lambonadas con drogas de síntese por Internet
04/05/2024 12:55
Na operación detiveron quince persoas e interviñeron 12.000 bolsas de doces e aperitivos empapados con THC
A organización estaba dirixida por un matrimonio holandés, ben posicionado na Costa do Sol
A Garda Civil imparte charlas a escolares para concenciar sobre o acoso
03/05/2024 11:48
Os nenos identifican o acoso pero non saben xestionalo, por iso hai que traballar nos centros, pero tamen na casa
Hai diferentes tipos de acoso e entre os adolescentes cada vez medra máis o ciberacoso polo uso das redes sociais
102 detidos en España polo calote coñecido como "o fillo en apuros"
30/04/2024 11:17
Facíanse pasar por un familiar a traves dunha rede de mensaxería telefónica para obter transferencias de cartos das vítimas
Investigan a morte dunha muller que apareceu aboiando nas costas de Tenerife
29/04/2024 11:25
Todas as hipóteses están abertas, pero apúntase á posibilidade dunha morte violenta
Investigan a morte dunha muller con signos de violencia en Rafelcofer (Valencia)
29/04/2024 08:43
Segundo medios locais, a muller, de 66 anos e profesora xubilada, foi asasinada a coiteladas na súa casa
Dúas persoas quedan feridas tras bater dous coches na autovía do Morrazo
27/04/2024 13:39
Nun dos vehículos viaxaban varios menores que saíron polo seu propio pé
Comisados máis de 100 quilos de navalla furtiva en Porto do Son e Outes
27/04/2024 11:51
As capturas ilegais foron sementadas de novo nas zonas de extracción
Desartellado en Arteixo un punto de venda de droga procedente de Cádiz
27/04/2024 10:06
A Garda Civil detivo unha parella que distribuía cocaína e haxix nun inmoble situado en Vilarrodís
Golpe ao narco: 63 detidos e 13 narcolanchas e 12.000 litros de gasolina incautados
23/04/2024 11:33
A operación continúa aberta, e desenvólvese no sur de España
Os axentes comisaron máis de 600 quilos de cocaína e doce toneladas de haxix
Catro detidos en varias operacións contra o tráfico de drogas en Boiro
23/04/2024 09:43
Tres dos arrestados foron interceptados en Rianxo; o cuarto, en Boiro
A Garda Civil detén dezaseis persoas por vender armas a narcotraficantes
20/04/2024 19:41
Comprábanas no mercado legal a través de homes de palla e vendíanllas ao triplo de prezo
Tres dos detidos en Galicia na operación Vozka quedan en liberdade provisional
20/04/2024 08:43
A Garda Civil dá por desartellada a organización que fornecía motores foraborda e narcolanchas a grupos criminais do Estreito
Investigado un condutor de Miño por ir dúas veces nun día en sentido contrario
18/04/2024 11:42
Nunha das dúas ocasións chegou a impactar contra un camión, pero non detivo a súa marcha
A Garda Civil desprega un operativo en Ourense, Pontevedra e Portugal contra o crime organizado
17/04/2024 10:39
Polo momento houbo rexistros en Ourense, Pontevedra e Portugal
Ducias de axentes e medios aéreos participan neste operativo, que está baixo segredo de sumario
A Garda Civil traslada un corazón á Coruña para un transplante urxente
17/04/2024 10:11
O órgano percorreu 150 quilómetros desde o sur de Galicia ata A Coruña nunha patrulla da Garda Civil de Tráfico
A Garda Civil mostra o traballo de todas as unidades e grupos operativos en Abegondo
16/04/2024 15:15
Simulan desde buscas de drogas ou explosivos con cans adestrados ata un rescate con helicóptero na montaña
Estas exhibicións están especialmente dirixidas ao alumnado de primaria e secundaria para contribuír a que xeren un bo vínculo coas forzas de seguridade
Desmantelada a maior rede de narcolanchas no estreito de Xibraltar
16/04/2024 13:58
A organización dispuña dunha frota de narcolanchas preparadas na auga e unha rede de embarcacións de apoio
Hai 19 detidos en España e Portugal, e outras 12 persoas en prisión, no marco da operación Grajuelo
Morre en Trasmiras un home atropelado accidentalmente polo seu fillo, que daba marcha atrás co coche
15/04/2024 08:49
A vítima foi alcanzada cando o turismo manobraba no patio dunha casa no lugar de Soutelo, segundo informaron os servizos de emerxencia
Tráfico inicia unha campaña de control da velocidade en Galicia
15/04/2024 08:48
Tráfico recorda que, desde marzo de 2022, os condutores non poden superar o límite de velocidade en 20 quilómetros por hora para adiantar en vías convencionais
A Garda Civil detén varias persoas en relación co triplo crime de Chiloeches
14/04/2024 18:54
As forzas de seguridade tentan esclarecer as circunstancias da morte violenta dun home, dunha muller e da filla de ambos os dous
Falece un motorista de 40 anos na autovía de acceso sur á Coruña
13/04/2024 18:25
Ocorreu pouco antes das cinco da tarde no quilómetro 1,5 da AC-14, á altura do barrio de Elviña
Interceptado na A-6 un condutor que sextuplicaba a taxa máxima de alcol permitida
11/04/2024 09:42
O home, que carecía de carné por perda de puntos, estaba estacionado na beiravía da autovía en Guitiriz
Falece un motorista ao bater contra un coche en Pazos de Borbén
07/04/2024 10:05
Foi na estrada PO-250 á altura de Amoedo
Tres mozos morren e dous quedan feridos moi graves nun accidente en Leganés
06/04/2024 18:11
O vehículo en que viaxaban bateu contra unha furgoneta e un autobús
Buscan un condutor que circulou en dirección contraria pola AP-9 en Ferrol
06/04/2024 17:47
Percorreu polo menos un quilómetro desde a rotonda do barrio naronés de Freixeiro